InicioSociedadeA E.S. Pontebranca, na estrada de Portomarín, ofrece comida e aseo gratis...

A E.S. Pontebranca, na estrada de Portomarín, ofrece comida e aseo gratis aos transportistas

"Notamos que había unha deficiencia na atención aos transportistas, que son os que máis o necesitan", di a encargada desta estación de servizo de Piugos (Lugo).

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- A estación de servizo Pontebranca, situada na estrada de Portomarín, tomou a decisión de ofrecer comida e bebida gratis aos transportistas, que tamén poderán ducharse nos aseos das súas instalacións. Esta é a súa maneira de solidarizarse cun colectivo que ten que continuar na estrada a pesar das restricións impostas polo estado de alarma e que agora non atopa onde comer nin onde asearse.

Situada en Piugos (Lugo), no quilómetro 3 da estrada que comunica con Portomarín e a pouca distancia da ligazón coa A-54, nesta estación de servizo non teñen capacidade para facer comida “quente”, segundo explica a encargada. Polo tanto, servirase un bocadillo e unha bebida de balde a todos aqueles transportistas que o pidan.  “Notamos que había unha deficiencia na atención aos transportistas, que son os que máis o necesitan” porque co seu traballo contribúen a que sigan funcionando os servizos esenciais.

A súa intención é axudar nun momento de necesidade no que os profesionais da estrada tamén o están pasando mal, di. EFE

Os transportistas, os “esquecidos” nesta crise: “Traballamos ata 14 horas e non temos onde xantar ou tomar un café”

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....