InicioSociedadeA área sanitaria de Lugo rexistra máis de 200 casos activos por...

A área sanitaria de Lugo rexistra máis de 200 casos activos por coronavirus

Tamén se contabilizan 95 persoas dadas de alta e 50 falecidos durante esta pandemia na Comunidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos por coronavirus para a área sanitaria de Lugo é de 219,  segundo a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, que polo momento contabiliza 2.627 casos en activo: 633 na área de Vigo, 597 na Coruña, 454 en Santiago, 371 en Ourense, 290 en Pontevedra e 63 en Ferrol.

Galicia aumenta cada día e este sábado rexistráronse un total de 2.627 afectados, un 18,8% máis que o pasado venres; á vez que xa son 95 as persoas que foron dadas de alta, 28 desde o último boletín de actualización do venres.

O aumento de persoas contaxiadas do venres ao sábado é de 416 persoas, mentres que o crecemento que se deu do xoves ao venres era de 379 diagnósticos. Isto supón que o número de novos contaxios por día aumentou un 9,7%.

Ademais, tamén se contabilizan 95 persoas dadas de alta e 50 falecidos durante esta pandemia na Comunidade, que afecta o conxunto da Península na que xa se rexistran 72.248 casos.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...