InicioSociedadeTrasladan as persoas sen teito ao Pavillón Municipal ao non haber máis...

Trasladan as persoas sen teito ao Pavillón Municipal ao non haber máis sitio no Fogar do Transeúnte

O Concello de Lugo habilitou estas instalacións para acoller as 26 persoas sen fogar durante o confinamento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo puxo en marcha esta mañá o dispositivo necesario para trasladar ao Pavillón Municipal dos Deportes da cidade, despois de “acondicionalo” convenientemente, ás 26 persoas que facían noite no Fogar do Transeúnte, dado que esas instalacións xa “non podían acoller a máis usuarios coas garantías de protección necesarias” ante o coronavirus.

O traslado foi supervisado pola alcaldesa, Lara Méndez; a edila de Benestar, Olga López, e o presidente do comité provincial da Cruz Vermella, Luís Abelleira; e na súa execución participaron, ademais de voluntarios da Cruz Vermella, persoal municipal e a Policía Local.

As instalacións habilitadas no pavillón teñen capacidade para acoller, en condicións de seguridade, unhas 50 ou 60 persoas durante o tempo que dure o confinamento. Ademais das zonas de camas, tamén se adaptaron áreas para situar o comedor e para o tempo libre, así como duchas, baños e enfermería.

Para atender aos posibles usuarios, séguese “un estrito protocolo de actuación” coa colaboración do Sergas.

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....