InicioSociedadeGalicia supera os 2.000 positivos, dos cales 140 pertencen a Lugo

Galicia supera os 2.000 positivos, dos cales 140 pertencen a Lugo

A provincia suma outros doce casos respecto dos contabilizados na xornada de onte. No conxunto da comunidade xa se rexistrararon 67 altas e 44 falecementos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos confirmados de coronavirus en Galicia xa supera os 2.000, tras sumarse 379 novos positivos desde o xoves e alcanzar os 2.211. Deles, 140 pertencen á área sanitaria de Lugo, doce enfermos máis ca os rexistrados na xornada de onte (128)

En canto ao resto de áreas, A Coruña despunta con 552 diagnosticados; seguida de Vigo, con 509, e Santiago con 388. Ourense contabiliza 302 positivos; Pontevedra, 260; e Ferrol, 60.

Do total de pacientes positivos en Galicia, 98 permanecen na UCI, 556 están en unidades de hospitalización e 1.557 nos seus domicilios. Polo de agora, rexistráronse 67 altas e 44 falecementos. Na provincia de Lugo, a cifra de vítimas mortais mantense en 4.

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa a PSOE e BNG de apostar pola privatización nas residencias de Lugo

O PPdeG acusa a PSOE e BNG dun "modelo privatizador" nas residencias da provincia...

Condenada por trapichear con dous gramos de cocaína en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano e medio de cárcere a...

Detidos os dous membros dunha parella por agredirse mutuamente en Lugo

A Policía Local de Lugo detivo na madrugada do martes aos dous membros dunha...

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...