InicioSociedadeO HULA cambia a localización de Urxencias Pediátricas para atender posibles enfermos...

O HULA cambia a localización de Urxencias Pediátricas para atender posibles enfermos de Covid-19

Este servizo situarase, temporalmente, a carón da área de analíticas e radioloxía. O obxectivo é separar totalmente a atención a poboación infantil das urxencias xerais, así como adiantarse a un posible incremento de casos de coronavirus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) informou de que, a partir de hoxe, cambia a localización do Servizo de Urxencias de Pediatría, co obxectivo de “habilitar espazos máis amplos” para as urxencias de carácter xeral e “separar totalmente” a asistencia aos pacientes adultos da atención á poboación infantil mentres dure a pandemia do COVID- 19.

A dirección do centro hospitalario precisa que esta medida estará en vigor a partir das 15:00 horas de hoxe, pero insiste en que terá carácter temporal e que só se aplicará ata o fin da pandemia.

A NOVA LOCALIZACIÓN

A nova localización do Servizo de Urxencias de Pediatría está próxima á actual, tamén na primeira planta do HULA, pero agora está emprazada na “zona contigua á área de extracción para analíticas e de radioloxía”, onde se habilitaron espazos adecuados para a atención urxente á poboación infantil.

Para evitar confusións, a entrada á nova localización do Servizo de Urxencias de Pediatría xa foi “debidamente sinalizada” e o persoal do hospital orientará e informará os usuarios.

A nova área de Urxencias de Pediatría dispón dunha entrada propia e terá tamén unha zona de admisión propia, de modo que queda “totalmente independizada” da zona de urxencias para pacientes adultos.

POSIBLE INCREMENTO DE CASOS

Así, engade a dirección do hospital, os profesionais sanitarios dispoñerán de espazos máis amplos e separados para atender de “forma independente a pacientes con patoloxía respiratoria e sospeitosos de Covid 19”. Desta maneira, adiántanse “a un posible incremento da demanda de atención nese servizo hospitalario”. EFE

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...