Confirmados 99 positivos na área de Lugo, dos cales seis permanecen na UCI

A cifra mantense practicamente invariable respecto da xornada de onte, cando se rexistraron 97 casos. En Galicia, a cifra de diagnósticos ascende aos case 1.600, con 30 falecementos.

Proba de COVID19 | ALX

A Consellería de Sanidade informa de que os positivos confirmados por coronavirus en Galicia aumentaron ata os 1.598 (224 máis ca o martes), dos cales 99 pertencen á área de Lugo. Así, tras o acusado incremento de casos que se rexistrara nas últimas xornadas na nosa provincia, este mércores o número de diagnósticos oficiais mantense case invariable (dos 97 de onte aos 99 actuais).

Do total de casos activos na área sanitaria de Lugo, seis permanecen na UCI (cinco na do HULA e outro máis na do Hospital Público da Mariña);  21 están hospitalizados (17 no HULA) e os 71 restantes atópanse no seu domicilio.  Ata o día de hoxe rexistráronse catro falecementos e unha alta.

RESTO DE GALICIA

En canto ás outras áreas, A Coruña conta 389 casos; Ourense, 186; Pontevedra, 202; Vigo, 396; Santiago, 288; e Ferrol, 38.  Así mesmo, segundo datos de Sanidade, contabilízanse 30 falecementos na comunidade galega e 25 altas.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here