InicioSociedadeUn home de 78 anos ingresado no HULA, cuarto falecido por coronavirus...

Un home de 78 anos ingresado no HULA, cuarto falecido por coronavirus en Lugo

Fontes da Consellería de Sanidade confirman a morte do paciente, que presentaba patoloxías previas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 78 anos ingresado na planta de hospitalización do HULA é o cuarto falecido por coronavirus na provincia. Fontes da Consellería de Sanidade confirmaron o pasamento desta persoa, que tiña patoloxías previas.

Coa súa morte, xa son catro as persoas finadas en Lugo pola Covid-19: un en Monforte, outro en Burela e dous na capital da provincia.

DATOS DE CONTAXIADOS

Segundo a última actualización do Sergas, o número de persoas enfermas de coronavirus na área de Lugo é de 97. A cifra supón un incremento importante respecto dos datos rexistrados na xornada de onte, cando se contabilizaban 62 pacientes.

A nivel galego, a pandemia causou ata o momento 27 mortes.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...