InicioSociedadeVÍDEO | Pilar de Lara arríncase a cantar 'Resistiré' para sacar sorrisos...

VÍDEO | Pilar de Lara arríncase a cantar ‘Resistiré’ para sacar sorrisos durante a corentena

A ex titular do Xulgado de Instrución nº 1 de Lugo compartiu nas súas redes sociais varios vídeos en clave de humor nos que ela e o seu marido se presentan como o 'Dúo Estático' e interpretan cancións famosas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xuíza Pilar de Lara aproveitou a corentena para sacar o seu lado máis humorístico e musical, tal como amosa nas súas redes sociais. Cunha guitarra baixo do brazo, ela e mais o seu marido preséntanse como o Dúo Estático para cantar temas tan famosos como o ‘Resistiré’, “o himno do coñavirus”. 

A idea, din, non é outra que a de “arrincar sorrisos” nestes “tempos tan complicados” nos que nos mantemos illados por mor do coronavirus.

Non foi esa a única interpretación coa que a maxistrada deleitou o seu particular público. A ex titular do Xulgado de Instrución nº1 de Lugo. “O Dúo Estático ataca de novo“, publicaba este martes 17 de marzo. Desta volta, o repertorio traía unha canción de Mecano.

 

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...