InicioSucesos(Vídeo) A Garda Civil utiliza altofalantes para obrigar a xente a quedar...

(Vídeo) A Garda Civil utiliza altofalantes para obrigar a xente a quedar na casa en Vilalba

Un coche paseouse polas rúas da localidade para avisar da necesidade de permanecer nas casas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ao longo da tarde deste domingo, un coche da Garda Civil paseouse polas rúas de Vilalba para avisar a través de altofalantes da necesidade de permanecer nas casas agás por cuestións esenciais.

A alerta sanitaria xerada pola expansión do coronavirus obriga a todas as persoas a gardar corentena durante 15 días, como mínimo, o que implica a limitación dos desprazamentos e da mobilidade. A veciñanza só pode saír das súas vivendas para satisfacer necesidades básicas: asistir a centros sanitarios, comprar alimentos, medicamentos ou produtos de primeira necesidade, coidar das persoas que o necesiten pola súa dependencia ou tamén para ir a entidades financeiras ou de seguros. Ademais, permítese saír das casas para ir e volver do traballo.

Incumprir estas medidas, acordadas polo Goberno estatal a través dun Real Decreto que permitiu a aplicación do estado de alarma, pode acarrexar sancións. 

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...