InicioSociedadeDe Lara di que sufriu "moita presión" en Lugo

De Lara di que sufriu “moita presión” en Lugo

Asegura que ía entregar o auto da Pokemon o día do seu cesamento.

PUBLICADA O

- Advertisement -
A xuíza Pilar de Lara, sancionada o pasado mes de xaneiro polo Consejo General del Poder Judicial ( CGPJ) a sete meses e un día de emprego e soldo, o que conleva a perda de destino por “dilacións indebidas”, asegura que o día no que se fixo efectivo o seu cesamento ía entregar o auto da Pokemon. Tamén recoñece que sufriu moita “presión”, mentres exerceu como xuíza en Lugo.
Nunha entrevista concedida a Onda Cero, Pilar de Lara afirma que o proceso que derivou en que o pasado 30 de xaneiro deixase de ser a titular do xulgado de instrución número 1 de Lugo xeroulle impotencia debido a que “foi un proceso longo no tempo, duro e de desgaste persoal e profesional”.
Ademais, a maxistrada defendeu nesa emisora que nesa mesma xornada ía entregar o auto da denominada operación Pokemon polo que se pregunta “onde está o interese xeral porque agora ese macroproceso vai ter que examinar outro xuíz, e o auto dilatarase moitos meses“. Ao longo da súa entrevista sinala así mesmo que dúas das causas que deixa pendentes no xulgado de Lugo son a Pokemon e Véndex e que “se dilatarán” no tempo cando, de non ser cesada -remarca-, a estas alturas xa tería o auto ditado.
Nese sentido, De Lara nega as dilacións polas que foi cesada e lembra que en decembro de 2014 tiña 90 macrocausas abertas no seu xulgado e que foi pechando xa que en xuño de 2015, tiña 80; en novembro de 2017, cando lle abriron o expediente, 42, e o pasado 30 de xaneiro, un total de 24. Ademais critica que os medios dos que dispuxo no seu xulgado resultaron insuficientes e rememorou que en 2014 solicitaron catro funcionarios de reforzo e só lle concederon un, “sen experiencia contrastada na tramitación de macrocausas”, lamenta.
Igualmente, manifesta que sufriu presión durante a súa etapa en Lugo: “Hai moitas formas de tratar de amedrentar, coaccionar ou asustar”, di ao lembrar que tivo que levar escolta por ameazas contra a súa filla.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...