InicioSociedadeA Deputación dotará de desfibriladores a 49 concellos para reducir o risco...

A Deputación dotará de desfibriladores a 49 concellos para reducir o risco ante posibles paros cardíacos

Unha atención rápida pode ser vital para garantir a supervivencia en caso de parada cardiorrespiratoria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo vén de aprobar o convenio marco para poñer en marcha o programa ‘Lugo, provincia cardioprotexida’, unha iniciativa a través da cal o ente provincial dotará de desfibrilidores semiautomáticos a 49 concellos e promoverá a formación de persoal municipal para o seu manexo.

Segundo resaltou o presidente da Deputación, José Tomé, en rolda de prensa, a idea é mellorar a protección da veciñanza ante posibles fallos cardíacos. É unha medida “que vai na liña do que recomendan as organizacións de profesionais sanitarios”, indicou. E é que, en caso de parada cardiorespiratoria, a atención inmediata é vital: cada minuto que pasa, a probabilidade de supervivencia diminúe nun 10%, polo que cómpre establecer mecanismos que favorezan unha redución dos tempos de resposta.

Así pois, unha vez aprobado o convenio marco para pór en marcha este programa, débese asinar un acordo de colaboración con cada un dos concellos que se adheriron a el. Será entón cando estes designen as persoas que reciban a formación e cando se inicie o procedemento para a contratación conxunta do subministro dos desfibriladores. A previsión é que este programa estea en funcionamento antes de que remate o ano.

ONDE ESTARÁN OS DESFIBRILADORES?

Serán os propios concellos os que decidan en que instalación municipal colocan os aparellos: os consistorios, pavillóns deportivos, centros sociais ou casas da cultura serían lugares de utilidade, por exemplo. Os concellos ocuparanse da instalación do equipamento e deberán adscribir o persoal necesario para o seu manexo, así como asumir os gastos de mantemento. Pola súa banda, a Deputación investirá 60.000 euros para financiar os custos de contratación e formación de persoal.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...