Besteiro pedirá ao CXPX que “execute canto antes” a sanción a Pilar de Lara

Trasladará un escrito para solicitar a aplicación "inmediata" de tal castigo, que implica a perda de destino para a xuíza.

José Ramón Gómez Besteiro | RTVE

O que fora secretario xeral do PSdeG e presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, pedirá ao Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) que “execute canto antes” a sanción da xuíza Pilar de Lara.

Así o informou o avogado de Besteiro, Cándido Conde-Pumpido, que detallou que dirixirá un escrito a este órgano para pedir que se faga efectiva canto antes esta sanción de sete meses e un día “por dilacións indebidas”. A súa execución implica perda de destino para Pilar de Lara, cuxos destinos máis probables serían Cataluña ou Canarias.

En concreto, o órgano está pendente na actualidade dunha nova resolución de Tribunal Supremo sobre a suspensión do castigo, coa carta que aínda lle queda á xuíza despois de que se desestimase a non aplicación da sanción de presentar recurso de reposición.

Conde-Pumpido considera que a sanción “debe ser executada de forma inmediata” e que a maxistrada “debe perder o seu destino” e “deixar de instruír as causas contra aqueles que ademais veñen denunciando as irregularidades que deron lugar á súa sanción”.

É o caso de Besteiro, que segue investigado por Pilar de Lara no marco da causa polo Garañón, edificio construído aos pés do parque Rosalía de Castro durante a época de Besteiro como concelleiro de urbanismo. Daquela, gobernaba na cidade Xosé López Orozco, tamén imputado pola mesma causa.

Pumpido lembrou que Besteiro “xa presentou unha recusación por este motivo, pendente de ser resolta.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here