InicioSociedadeUn veciño da Pastoriza mata a súa muller e despois quítase a...

Un veciño da Pastoriza mata a súa muller e despois quítase a vida

Este crime de violencia machista tivo lugar na parroquia de Crecente, onde convivían o presunto asasino e maila vítima. O corpo desta última foi atopado pola súa neta e mais pola parella desta. Trátase do sexto feminicidio en España no que vai de ano.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- Un home matou a súa muller na parroquia de Crecente, concello da Pastoriza, e posteriormente quitouse a vida. Trátase dun presunto crime de violencia machista que investiga a Garda Civil, segundo apuntaron a Efe fontes deste corpo.

A muller, de 79 anos, foi atopada no seu domicilio pola súa neta e a parella desta a iso das 20:30 horas deste sábado. Presentaba un forte golpe na cabeza e abundante sangue, ademais de varios cortes na cara e pescozo. Nesa mesma estancia, tamén se atopou un coitelo ensanguentado.

Pola súa parte, o cadáver do home, de 82 anos, foi achado no exterior da vivenda baixo unha xanela, que estaba aberta. O presunto asasino, que carecía de antecedentes por violencia machista e, por tanto, non pesaban sobre el medidas cautelares, presentaba tamén cortes na boneca.

A Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero indicou na súa conta oficial de Twitter que está a solicitar información sobre esta nova agresión mortal. De confirmarse que se trata dun novo asasinato machista, a da Pastoriza sería a sexta muller asasinada no que vai de 2020. Elevaríanse a 1.039 as mulleres vítimas mortais de violencia machista desde 2003, ano en que comezaron a rexistrarse estes homicidios.

LOITO

O Concello da Pastoriza anunciou que decretará dous días de loito por este crime de violencia machista ocorrido na parroquia de Crecente.

QUERÉMONOS VIVAS!

Sobre este novo crime machista, a ministra de Igualdade, Irene Montero, deixou a seguinte mensaxe en Twitter: “Un abrazo para a familia e amizades da muller asasinada en Lugo onte. E grazas a todos e todas as profesionais que traballan sen descanso para facer fronte á violencia machista. Querémonos vivas“.

Formacións políticas galegas condenaron este novo caso. “Mentres haxa quen siga negando que existe, o machismo segue matando. Non viviremos en liberdade ata que erradiquemos a violencia machista”, tuiteou En Marea.

Galicia en Común, pola súa banda, lamentou que a violencia machista golpee de novo Galicia: “Seguiremos loitando, día a día, para que ningunha muller teña que sufrir este grao de violencia intolerable. Nin unha menos”.

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, e o mandatario da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tamén trasladaron a súa repulsa ante un crime que amosa un “horror que non cesa”. “Tres asasinatos machistas nunha semana. Non hai palabras que poidan transmitir a dor”, dicía Sánchez. Feijóo, pola súa parte, pedía “unidade” en Galicia na loita contra a violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Foxe á carreira tras ser interceptado conducindo sen carné e tras consumir alcol e drogas

Un home de 31 anos de idade deuse á fuga na madrugada deste martes en Lugo...

Nova oficina do SEPE en Lugo, pola que pasarán 27.000 veciños ao ano

A antiga Escola de Enfermaría de Lugo acolle a nova oficina do SEPE na...

Conmemoran a batalla do Porto de Bois e reivindican “Altri non”

Coincidindo coa xornada de conmemoración da batalla de Porto de Bois, xuntouse un grupo...

Lugo rexistra un terremoto de magnitude 3.6 que se fixo notar

Un terremoto de magnitude 3,7 na escala de Richter con epicentro en Sarria foi...