Máis de 200.000 sinaturas contra o uso de cans na caza de raposo

A asociación animalista Libera pide que se prohiba o uso de xaurías nas batidas de raposo debido á "crueldade" que implica.

Cazadores cos seus cans | Fedexcaza - Arquivo EP

Asociación Animalista Libera reuniu máis de 209.000 firmas a través da plataforma Change.org en contra da caza de raposos con cans en Galicia, unha das “modalidades máis crueis”.

Segundo explicou este sábado a organización nun comunicado, coa petición reclaman modificar o Código Penal para que “a crueldade ou malos tratos de fauna silvestre estea tipificada como delito” e para que as normas autonómicas prohiban o uso de xaurías de cans para as cazarías. Citan, por exemplo, o “pseudocampionato” de caza de raposo celebrado recentemente en Triacastela e Láncara.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here