InicioSociedadeAs defensas de Orozco e Besteiro, "satisfeitas" pola saída de De Lara...

As defensas de Orozco e Besteiro, “satisfeitas” pola saída de De Lara : “É a historia dunha morte anunciada”

O Supremo desestimou a petición de suspensión cautelar da sanción imposta á xuíza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O Tribunal Supremo deu a coñecer esta mañá a súa decisión de manter a sanción imposta á xuíza Pilar De Lara por parte do Consello do Poder Xudicial. Ante esta noticia, os avogados de José Ramón Gómez Besteiro e José López Orozco mostraron, respectivamente, a súa “satisfacción” e pouca sorpresa: “É a historia dunha morte anunciada”.

O letrado Cándido Conde Pumpido ocupárase da defensa do ex presidente da Deputación e ex secretario do PSdeG, José Ramón Besteiro, en causas como a Operación Garañón, instruída por De Lara. O avogado destacou a súa “satisfacción” ante unha resolución do TS que vén a dicir o que eles “reclaman desde hai tempo”. “Non debe ser ela” a que instrúa unha causa na que figuran como investigadas “as persoas” que presentaron as reclamacións “polas que foi sancionada”, concluíu.

“A INSTRUCIÓN NON FOI A MÁIS ADECUADA”

Pola súa banda, o avogado Gregorio Arroyo, que defendera o ex alcalde de Lugo José López Orozco, considera que a resolución do TS que implica a perda de destino de De Lara é “a historia dunha morte anunciada”.

Arroyo lembrou que o expediente disciplinario que derivou na dura sanción á maxistrada tivo “un percorrido amplo” no Consello Xeral do Poder Xudicial, para acabar en “acordos por unanimidade”.  Ante esas circunstancias, ao Tribunal Supremo resúltalle “moi difícil” estimar unha suspensión cautelar da sanción que aparta á xuíza De Lara do Xulgado de Instrución Número 1, a pesar de que contou coa defensa dun “excelente avogado”, Agustín Azparren, que presentou “un excelente recurso”.

O letrado, que dixo non alegrarse “co dano alleo”, recoñeceu que nesta sanción “algo de responsabilidade tivo a xuíza” e fixo mención a todos os “despropósitos” que se produciron nos últimos anos nalgunhas das causas instruídas por De Lara. “A instrución non foi a máis adecuada”, resolveu Arroyo.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...