As Urxencias de HULA enfróntanse á onda de gripe con insuficientes recursos humanos e materiais

O sindicato de Enfermaría Satse denunciou "saturación e colapso" nos centros hospitalarios de once comunidades autónomas.

O primeiro bebé lucense do 2019 naceu no HULA | Grupo San José
HULA | Grupo San José

O sindicato de Enfermaría Satse denunciou problemas de “saturación e colapso” nos servizos de Urxencias hospitalarias en once comunidades autónomas. Entre eles, mencionan os recentes problemas do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Atribúen a situación á “falta de suficientes recursos humanos e materiais para atender a crecente demanda asistencial motivada pola gripe“.

O sindicato advirte ás Administracións territoriais de que “o peor está aínda por chegar” e reclama ás CCAA que adopten as medidas necesarias para garantir que “todos os centros sanitarios contan con enfermeiras e enfermeiros suficientes para ofrecer a mellor atención posible a cidadáns e pacientes”.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here