InicioSociedadeLugo supera a Ourense como a provincia máis fría

Lugo supera a Ourense como a provincia máis fría

Bóveda e Vilalba foron as localidades onde máis frío fixo esta madrugada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os termómetros descenderon uns graos máis en localidades de Galicia, en especial, na provincia de Lugo, que esta pasada madrugada foi máis fría que ourense. Así, a temperatura mínima deste mércores correspondeu ao municipio lucense de Bóveda, con -5,6 graos centígrados.En segundo lugar situouse Vilalba, con -4,8º.

Segundo os datos publicados por Meteogalicia ata as 9,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, os valores máis baixos corresponderon a localidades luguesas con altitude menor de 900 metros, ademais de Bóveda, como Vilalba (-4,8ºC) e Sarria (-4,4ºC).

Así mesmo, os termómetros baixaron ata os -4,4ºC en Viana do Bolo e aos -4,3ºC en Verín, ambos os municipios ourensáns tamén con altitude menor de 900 metros.  En canto ás localidades de montaña, as temperaturas mínimas rexistráronse nos municipios ourensáns da Veiga, con -4,1ºC; Manzaneda, con -4ºC; Vilariño de Conso, con -4ºC e A Mezquita, con -3,5ºC.

Na xornada deste martes os valores mínimos na Comunidade galega situáronse nos -5,2ºC na Mezquita e nos -4,4ºC en Vilariño de Conso, ambos os municipios ourensáns.

ÚLTIMAS

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

A nave calcinada de Mazoi “non tiña licenza de actividade” nin a solicitou segundo o Concello de Lugo

A nave de reciclaxe da parroquia de Mazoi, alugada pola empresa Contemar, que resultou...

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...