InicioTerra CháGuitirizDeclarado nulo o despedimento de cinco operarios do GES de Guitiriz

Declarado nulo o despedimento de cinco operarios do GES de Guitiriz

O xulgado do social número 3 de Lugo obriga ao Concello á súa readmisión.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado do social número 3 de Lugo declarou a nulidade do despedimento de cinco operarios do GES de Guitiriz e obriga ao Concello á súa readmisión.

Este fallo –con data do 2 de decembro– tamén condena ao Concello de Guitiriz a indemnizar aos traballadores cos salarios deixados de percibir desde o seu despedimento en maio. Contra a sentenza cabe recurso na Sala do Social do TSXG.

Nos fundamentos de dereito, a Sala basea a nulidade dos despedimentos na “vulneración” de dous artigos da Constitución, xa que “non consta ningunha razón que xustifique a decisión extintiva adoptada polo Concello de Guitiriz, polo que resulta clara a conexión entre a presentación dos actores a eleccións de representantes dos traballadores e as anteriores reclamacións e demandas presentadas polos actores coa posterior decisión extintiva adoptada pola empresa”.

A CIG denuncia que os despedimentos destes empregados “non atendían a ningunha razón obxectiva, senón ao capricho” da por entón alcaldesa socialista Regina Polín “por desfacerse duns traballadores que lle resultaban incómodos por reclamar dereitos que lles eran propios”. Ademais, indica que a sentenza se suma a un anterior fallo que deu a razón a un sexto empregado.

O sindicato censura que estes traballadores “se viron represaliados por ter a ousadía de reclamar dereitos inherentes ao seu posto de traballo, tales como ter cuadrantes de traballo, dispor de equipos de protección individuais para desenvolver a súa actividade, dereito a participar en accións formativas, etcétera”.

Por todo iso, a CIG recrimina que “os maiores afectados da tolemia de xestión” do GES “son os veciños de Guitiriz”, xa que “neste ano, 2019, os experimentos da anterior alcaldesa van custar máis de 100.000 euros”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...