InicioLugo e contornaA Xunta adxudica por máis de 11,4 millóns o Centro Integral de...

A Xunta adxudica por máis de 11,4 millóns o Centro Integral de Saúde no barrio da Residencia de Lugo

Ccomprenderá "tanto o centro de saúde como unha área de saúde mental e a área de 061, e tamén as urxencias".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, anunciou este venres en Lugo a adxudicación do contrato para a obra de construción do Centro Integral de Saúde no barrio da Residencia, no vello hospital, por máis de 11,4 millóns de euros.

Vázquez lembrou que “hai cinco meses” licitaron “esta actuación e en cinco meses” dan “un paso moi importante porque non é tan rápido adxudicar, licitar e iniciar as obras”. “E en tan só cinco meses demos un paso moi importante que é esta adxudicación á empresa Acciona”, abundou.

Dita actuación comprenderá “tanto o centro de saúde como unha área de saúde mental e a área de 061, e tamén as urxencias”, concretou. “Estamos a falar do primeiro centro integral de saúde de Galicia, aquí en Lugo, promovido pola Xunta”, valorou.

O prazo de execución, desde que comecen as obras a principios do próximo ano, sitúase en 20 meses.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...