Suspenden as aulas por alerta laranxa na montaña de Lugo

En caso de que a situación meteorolóxica supuxese un risco superior ao previsto en zonas non afectadas pola suspensión, os directores poderán adoptar as medidas oportunas.

Dispositivo contra o xeo e a neve na Montaña | Deputación de Lugo
Dispositivo contra o xeo e a neve na Montaña | Deputación de Lugo

A Comisión Escolar de Alertas tomou este mércores a decisión de suspender o xoves a actividade lectiva nas zonas con alerta laranxa por neve da montaña de Lugo.

A suspensión de clases afectará nesta zona a 789 alumnos de 15 centros. Como é habitual nestas circunstancias, en caso de que a situación meteorolóxica supuxese un risco superior ao previsto en zonas non afectadas pola suspensión, os directores poderán adoptar as medidas oportunas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here