InicioLugo e contornaO presidente da Audiencia de Lugo di que "hai que ver con...

O presidente da Audiencia de Lugo di que “hai que ver con normalidade” sancións como a da ‘xuíza do tarot’

O presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela Agrelo, afirmou este xoves sobre a sanción á maxistrada María Jesús Pérez García, tamén coñecida como a 'xuíza do tarot', que este "tipo de cousas hai que velas con normalidade".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela Agrelo, afirmou este xoves sobre a sanción á maxistrada María Jesús Pérez García, tamén coñecida como a ‘xuíza do tarot’, que este “tipo de cousas hai que velas con normalidade”.

María Jesús García, que exerceu como xuíza de vixilancia penal en Lugo e que agora actúa como responsable de violencia de xénero nos xulgados da Coruña foi sancionada polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) con dous meses de suspensión no exercicio das súas funcións por tramitar indultos a varios internos en centros penais cando era titular do Xulgado de Vixilancia Penal número 3 de Lugo.

A sanción tivo lugar despois de que concedese indultos parciais polo menos a tres presos cando era xuíza de Vixilancia Penal en Lugo a pesar de ser unha facultade que corresponde por lei ao Consello de Ministros do Goberno central.

O responsable dos xulgados de Lugo, Varela Agrelo, sobre o castigo a esta maxistrada sinalou que “estas cousas hai que velas con normalidade”. “Todos os servidores públicos estamos sometidos a un réxime disciplinario e cando se comete unha conduta tipificada hai que responder, e neste caso considerouse procedente e non teño nada que dicir, respecto nada máis”, sostivo.

Interpelado sobre eses indultos parciais concedidos, que é a orixe da sanción de dous meses que agora cumprirá como xuíza de Violencia de Xénero na Couña, limitouse a dicir que “sobre o fondo da cuestión” prefire “non opinar”. “Simplemente respectar a decisión, tanto se nos gusta coma se non nos gusta”, concluíu Varela Agrelo.

ÚLTIMAS

Polémica por 300 hectáreas de monte veciñal no paraíso hippie de Negueira de Muñiz

É posible atopar restos de neve nos costados da sinuosa estrada que descende desde...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...