InicioSociedadeRomán Rodríguez resalta a riqueza patrimonial da montaña lucense

Román Rodríguez resalta a riqueza patrimonial da montaña lucense

O conselleiro de Cultura fixo unha visita ao conxunto das pallozas do Cebreiro, onde desde o pasado 8 de outubro permanece instalada unha exposición do programa O Teu Xacobeo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, destacou este luns a importancia do patrimonio etnográfico e cultural da montaña lucense, nunha visita ao conxunto das pallozas do Cebreiro, onde desde o pasado 8 de outubro permanece instalada unha exposición de postais do Camiño incluída no programa O Teu Xacobeo.

A mostra, situada na coñecida como Palloza do Quico, ten carácter itinerante e percorrerá os doce concellos galegos polos que atravesa o Camiño Francés entre outubro de 2019 e marzo de 2020.

Durante a súa visita, o titular de Cultura puxo en valor a riqueza patrimonial desta zona da provincia de Lugo e do conxunto etnográfico das Pallozas do Cebreiro, onde se están acometendo traballos por preto de 200.000 euros para conservación e mantemento nas cubertas e contorno das pallozas de Campelo, Galán, do Quico e na Palloza Museo.

Román Rodríguez destacou a importancia desta actuación, ao realizarse nun emprazamento que cualificou como “unha das portas de Galicia”, Pedrafita do Cebreiro, o primeiro concello galego do Camiño Francés. Neste sentido, lembrou que a previsión é que os traballos terminen a finais de ano, na antesala do Xacobeo 21.

Ademais, o responsable de Cultura visitou o albergue da rede pública da Xunta instalado nesta localidade lucense, un establecemento situado nun emprazamento “estratéxico” e que ofrece máis de 100 prazas.

SANTA MARÍA DE CERVANTES

Por outra banda, Rodríguez trasladouse tamén ao veciño Concello de Cervantes para analizar as necesidades do castro de Santa María, tras a súa recente declaración como Ben de Interese Cultural.

Alí, destacou que se trata dun xacemento “clave” para comprender a transición ao mundo romano á vista das súas características e dos seus valores culturais singulares.

En virtude disto, a Xunta de Galicia avaliará e planificará actividades de futuro que poñan en valor o castro como un referente da minaría castrexa, contribuíndo así a reforzar o seu atractivo turístico.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...