InicioTerra CháGuitirizO Concello de Guitiriz mantén a recomendación de non consumir auga da...

O Concello de Guitiriz mantén a recomendación de non consumir auga da traída

As análises constatan unha redución nos niveis de ferro, pero é necesario agardar por novas probas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O nivel de ferro na a auga da traída na localidade lucense de Guitiriz baixou nos últimos días, pero o Concello mantén a recomendación de non consumila ata as análises previstas para a próxima semana.

Fontes municipais sinalaron que esta semana o técnico de Medio Ambiente do Concello realizou analíticas nas que constatou a redución dos niveis de ferro.

As mesmas fontes apuntaron que a baixada foi gradual nos últimos días e, en lugar de realizar o laboratorio contratado as analíticas previstas para este xoves, realizaranse previsiblemente o vindeiro martes.

O Consistorio mantén a recomendación de non consumir a auga da traída, que se mantén desde o venres pasado cando informou de que na última analítica da auga recibida polo laboratorio contratado polo Concello de Guitiriz “detectouse un alto nivel de ferro polo que o goberno local recomenda aos veciños non consumir a auga da traída ata que a situación se solvente”.

“Debido aos recorrentes problemas que sofre a auga en Guitiriz, o Concello realiza un control exhaustivo da auga para coñecer periodicamente o seu estado”, explicaron a semana pasada fontes municipais, que engadiron que “grazas a este seguimento continuo se puido detectar esta incidencia ao instante”.

O resto de parámetros “son totalmente correctos”, subliñou o Concello, polo que “a auga está cualificada como potable”, pero advertiu de que “unha continua inxesta de ferro pode chegar a provocar problemas de saúde, por iso é polo que se desaconsella o consumo ata que os niveis de ferro volvan á normalidade”.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...