InicioLugo e contornaLugoO Goberno destinará 1,2 millóns de euros á nova Oficina de Emprego...

O Goberno destinará 1,2 millóns de euros á nova Oficina de Emprego no barrio lugués da Residencia

O novo edificio que sacou a contratación a Xunta conta cun orzamento de licitación de 2.565.672 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Goberno central destinará un total de 1,2 millóns de euros á construción da nova Oficina de Emprego no barrio da Residencia de Lugo.

Así o destacou este luns a subdelegada do Goberno na provincia, Isabel Rodríguez, que asegurou que a creación desta nova oficina é “froito da colaboración” entre dúas administracións, o Estado e a Xunta.

“Unha relación que debe caracterizarse sempre pola lealdade institucional e que debe ter como único obxectivo o interese público e a prestación dos mellores servizos á cidadanía”, apuntou.

Deste xeito, subliñou que o Goberno colabora economicamente nesta obra con dúas subvencións do chamado Plan Renove, un por importe de 702.000 euros e outra de 525.200.

Segundo lembrou a Subdelegación, este novo edificio que sacou a contratación a Xunta conta cun orzamento de licitación de 2.565.672 euros.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...