InicioLugo e contornaDuascentas actividades enchen o catel do San Froilán 2019

Duascentas actividades enchen o catel do San Froilán 2019

As festas arrincan na medianoite do venres 4 ao 5, co pregón a cargo de 'Vos Peludez', personaxes vinculados ao San Froilán "mais enxebre" e que ideou o escritor e xornalista José Trapero Pardo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Máis de 200 actividades programáronse para a celebración do San Froilán en Lugo, as festas patronais da cidade do 5 ao 12 de outubro, das que 170 son actuacións musicais.

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, destacou que o programa “inclúe máis de 200 actividades dirixidas a todos os gustos e franxas de idade”. Así mesmo, incidiu en que 170 serán actuacións musicais repartidas no nove días de festa. Así, destacou O Domingo das Mozas, o 6 de outubro, con “31 actuacións e o sábado cinco con 25”.

As festas arrincan na medianoite do venres 4 ao 5, co pregón a cargo de ‘Vos Peludez’, personaxes vinculados ao San Froilán “mais enxebre” e que ideou o escritor e xornalista José Trapero Pardo.

Aínda que é a partir desas datas cando comezan as festas, nos prolegómenos, o domingo 29 organizouse unha sesión vermú na praza Agro do Rolo. Para esta iniciativa, bautizada como ‘Quentando motores para o San Froilán’ contarase con Raquel and The Blue Batóns e Malditos Pendejos a partir da unha da tarde.

A concelleira de Cultura, a nacionalista Maite Ferreiro, anunciou que está será a edición “máis social” e triplicaranse os puntos lilas “onde especialistas en materia de igualdade traballarán en informar, concienciar e dar as pautas para evitar situacións de acoso e violencia machista”.

Entre outras actuacións, inclúense actuacións de Def con Dos, Javier Gurruchaga, Ses ou Don Patricio. Unhas festas que por parte do PP, o seu portavoz Ramón Carballo, criticou que se tivesen que decatar “no día de hoxe (venres) do programa definitivo das festas, que chega moi tarde porque tiña que ser presentado antes para a promoción das festas de Lugo”.

SEN AXUDA

“Foi un programa que non contou para nada coa comisión de festas, onde está o PP tamén, e fixemos preto de cen achegas ás festas. É un programa a medida do BNG (que é o que leva a área de cultura)”, protestou. Carballo sostén que “este programa non vai ser o gran atractivo para o San Froilán de Lugo, un San Froilán que está a ser tratado de forma deteriorada en relación a outras festas”.

Finalmente, comentou que o programa é “pobre” e así bota de menos “actuacións relevantes, faltan concertos relevantes e mesmo orquestras de verbena relevantes porque iso é o que reclaman os lucenses e é o que se merece esta cidade para unhas festas que son as nosas patronais”. “Protexer outras festas está moi ben, pero non debemos esquecernos das nosas festas patronais“, concluíu.

ÚLTIMAS

Polémica por 300 hectáreas de monte veciñal no paraíso hippie de Negueira de Muñiz

É posible atopar restos de neve nos costados da sinuosa estrada que descende desde...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...