InicioSociedadeAsí está a piscina de Portomarín: coa auga "completamente verde"

Así está a piscina de Portomarín: coa auga “completamente verde”

O PSOE critica a falta de hixiene nestas instalacións "tan demandadas" e pídelle ao alcalde que aclare se están aptas para o baño logo de que hoxe se suspenderan os cursos de natación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os socialistas de Portomarín denunciaron este martes a falta de salubridade na que se atopa a piscina municipal. Entenden que unhas instalacións con unha auga “completamente verde” non reúnen as condicións de hixiene esperadas e pídenlle ao alcalde que aclare a situación: “Están aptas para o baño?”

A voceira do PSOE local, Silvia Rodríguez, visitou a zona e fíxose eco das queixas dos usuarios e dos pais e nais de alumnos dos cursos de natación, segundo aseguran. E é que hoxe mesmo deuse a orde de non celebrar estes cursos debido ás condicións da piscina.

Rodríguez lamenta que estas instalacións “tan demandadas” estean nun “estado lamentable de abandono” en pleno mes de agosto. Denuncian que se pode ver como medran as algas no interior da piscina, cuxa auga ten unha cor verde. Ademais, a piscina dos meniños ten o pavimento roto, criticou Rodríguez.

PROBLEMA DA DEPURADORA?

Así pois, os socialistas pídenlle ao alcalde que “non mire para outro lado” e que explique se as piscinas están aptas para o baño. “Hai que atender aos problemas dos veciños e veciñas. Se a depuradora non funciona póñase a traballar para arranxala, vaille no soldo”, espetou Rodríguez.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...