InicioPolíticaCríticas polo estado dunha área recreativa en Antas de Ulla tras a...

Críticas polo estado dunha área recreativa en Antas de Ulla tras a explosión dunhas placas solares

Os socialistas denuncian que este enclave de Frádegas está "esquecido" polo Concello e completamente "desvalixado". No seu canto, propoñen crear un espazo educativo e de ocio medioambiental.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A explosión das baterías de alimentación dunhas placas solares na Área Recreativa de Frádegas, en Antas de Ulla, sementou a alarma esta fin de semana. Hoxe, a voceira socialista do municipio, Pilar García Porto, visitou o espazo para coñecer a situación a través das queixas dos veciños e denunciou o estado de “abandono” no que o Concello mantén esta zona.

García Porto lembrou que se investiron máis de 600.000 euros para a materialización desta área recreativa, onde primeiro se proxectaran hortos ecolóxicos e logo unha piscina. “A única realidade despois de todo este despilfarro económico de todos os veciños e veciñas de Antas é que a Area está completamente esquecida”, sentenciou.

A socialista sinalou que dita área está “completamente desvalixada”, xa que “non hai nin bancos, nin pérgolas, nin farois, nin papeleiras”. E aínda máis; Porto afirmou que tampouco hai labores de mantemento nin de seguridade, “tal como puidemos coñecer esta fin de semana”.

MEDIO AMBIENTE

“Dende o Grupo Socialista podemos asegurar que este espazo leva abandonado mais dunha década, por iso propoñemos a creación dun espazo educativo e de ocio medioambiental e que ao mesmo tempo contribúa a fomentar o emprego na nosa vila, tras a pésima xestión do alcalde neste entorno”, avanzou a voceira. “Fradegas é un enclave único na provincia de Lugo e na Comarca da Ulloa, un paraíso natural que discorre a carón do río Ulla, e que debemos coidar e poñer en valor. Polo tanto, pedímoslle ao Alcalde que se poña a traballar para recuperar este entorno”, resumiu.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...