InicioSociedadeDetido un membro dun retén de extinción acusado de provocar seis incendios...

Detido un membro dun retén de extinción acusado de provocar seis incendios na provincia

A Garda Civil detén nove persoas por provocar 11 incendios en seis provincias, entre elas a luguesa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo nove persoas por provocar, de maneira intencionada ou neglixente, un total de once incendios forestais nas provincias de Lugo, Ávila, Gran Canaria, León, Castelló e Cáceres.

O incendio forestal máis grave foi o provocado na Illa de Gran Canaria, que afectou a ao redor de 1.500 hectáreas –230 pertencentes á Rede Natura 2000–, e provocou a evacuación de centos de persoas.

A Garda Civil destaca que un dos detidos en Lugo, considerado o autor intencionado de polo menos seis incendios forestais, provocaría o incendio co obxectivo de manter constituído na zona un retén de extinción ao que el mesmo pertencera en campañas anteriores.

Segundo os estudos sobre incendios forestais dos últimos 15 anos, a maioría deles están vinculados ao factor humano, xa sexa por obra dun incendiario ou derivada da neglixencia no uso do lume, sendo moi pequena ou case nula a incidencia das causas naturais.

Dos sinistros coñecidos pola Garda Civil na primeira metade do ano, o factor humano causou máis do 98% do total dos sinistros. Neste sentido, destaca o número de incendios forestais producidos por neglixencias graves mentres se realizaban tarefas no campo, traballos agrícolas, uso de maquinaria, que se incrementou “de maneira considerable”, segundo a Benemérita.

As operacións da Garda Civil contra os incendios forestais enmárcanse dentro das súas actuacións específicas para a redución de delitos contra a fauna e destrución de hábitat, así como para o esclarecemento da responsabilidade penal neste tipo de delitos, previstas polo Proxecto LIFE da Unión Europea “Gardiáns da Natureza contra o crime ambiental”, coordinado pola ONG SEO Birdlife, e no cal o Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil participa como socio beneficiario.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...