InicioSociedadeDezasete empresas optan ás obras de construción do centro de saúde na...

Dezasete empresas optan ás obras de construción do centro de saúde na Residencia

A infraestrutura albergará un centro de saúde, un Punto de Atención Continuada, un área de saúde mental e unha base do 061.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 17 empresas optan á realización das obras de construción do Centro Integral de Saúde no barrio da Residencia, en Lugo, logo de que o pasado mes de maio a Xunta de Galicia habilitara o crédito para licitalas, por un importe de 12 millóns de euros. O anuncio fíxose público o pasado día 26 de xuño no Diario Oficial da Unión Europea.

O Centro Integral de Saúde disporá dunha superficie construída de máis de 8.000 metros cadrados en 6 plantas e albergará un centro de saúde, o servizo do Punto de Atención Continuada/urxencias, un área de saúde mental e unha base do 061. O prazo de execución destas actuacións é de 20 meses.

No andar baixo, o centro contará cunha área de saúde mental, hospital de día de saúde mental e base do 061. No primeiro andar instalarase a área pediátrica, unha área médica, a zona de radiodiagnóstico e a área de Punto de Atención Continuada. No seguinte andar emprázase a área da muller, área médica, o persoal do centro de saúde e o persoal do PAC. Na seguinte altura, prevese que estean ubicadas as zonas de fisioterapia e rehabilitación, área médica e outra de docencia.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...