O Concello de Lugo solicita á Xunta que asuma a xestión dos comedores escolares

Segundo o convenio de colaboración, a Administración Autonómica só achega 58.295 € anuais para este servizo, menos do 7% do custo total.

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, e o responsable de educación no goberno local, Felipe Rivas, durante unha visita á escola infantil Gregorio Sanz | Arquivo

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou que se vén de asinar un convenio de colaboración entre o Concello e a Xunta para a prestación do servizo de comedor en nove centros escolares de Lugo.  Así e todo, Rivas lembrou que a xestión dos comedores escolares é unha competencia da Administración Autonómica, polo que lle pediu que a afronte como tal.

Felipe Rivas enviou unha carta ao presidente para solicitar que sexa a Xunta quen asuma esta responsabilidade. “O Concello de Lugo fai un importante esforzo económico para que as familias lucenses poidan contar con este servizo que facilita enormemente a conciliación familiar”, destacou, pero agora centraranse en conseguir que a Xunta se faga cargo desta competencia “que lle é propia”. Segundo o convenio, a Xunta só achega 58.295 € anuais para este servizo, menos do 7% do custo total (852.329 €).

Dende o goberno local sinalan que, no último ano, máis de 600 nenas e nenos acudiron aos comedores cada día. As previsións apuntan a que este número vai ir en aumento.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here