Mel Gibson réndese á gastronomía da Fonsagrada

Esta estrela internacional fixo unha parada no restaurante Cantábrico, un dos máis famosos da localidade.

Mel Gibson, co fillo do dono do restaurante Cantábrico da Fonsagrada.

O famoso actor, director e produtor Mel Gibson deixouse ver este domingo pola Fonsagrada. Logo de pasar pola veciña Asturias, esta estrela internacional fixo unha parada nun dos restaurantes mellor valorados da localidade fonsagradina, o Cantábrico. 

O gañador do Óscar a mellor dirección e mellor película por Braveheart,  foi un máis no salón-comedor deste local hostaleiro, ataviado con roupa cómoda de acordo á súa condición de veraneante polo norte de España. Iso si, a súa presenza non pasou desapercibida e houbo quen quixo sacar algunha foto con ‘Mel da Fonsagrada’, como bromeou un usuario en Twitter.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here