InicioLugo e contornaLugoO Concello dá os primeiros pasos para reurbanizar a contorna do Garañón

O Concello dá os primeiros pasos para reurbanizar a contorna do Garañón

Deuse luz verde á contratación dunha asistencia técnica para modificar o PXOM e avanzar no proceso de converter dita área nunha zona verde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno do Concello de Lugo deu luz verde á contratación dunha asistencia técnica para a elaboración do proxecto que pretende modificar a contorna do Garañón. Estes poden ser os primeiros pasos para solventar este problema urbanístico, paralizado e investigado pola xustiza.

Diso informou o concelleiro de Desenvolvemento Sostible do goberno lugués, Álvaro Santos. Segundo explicou, dita asistencia estará orientada á modificación do PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) no ámbito da parcela onde se sitúa o edificio sen finalizar, xusto a carón das costas do parque Rosalía de Castro.

“A contratación desta asistencia técnica, que é a redacción do novo plan urbanístico sobre a zona do Garañón, non afecta as edificacións, senón á cualificación, á tipoloxía urbanística desa zona”, indicou.

Así, a actuación estará dividida en dúas fases. A primeira será o estudo de diferentes alternativas de desenvolvemento urbanístico e, a continuación, levarase a cabo a redacción da proposta elixida. Co inicio destes trámites, Santos remarcou que non só se trata de dar cumprimento á sentenza que paralizou a urbanización, senón tamén de “avanzar” para “convertela nunha zona verde”.

O investimento para esa asistencia técnica é de 22.617 euros e, unha vez adxudicado, o prazo de execución será de 25 meses.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...