Por que hai unha Guerra civil no Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo?

Colvet Lugo Democrático denuncia á presidenta de utilizar o órgano colexial para "os seus propios intereses". Chaman a unha participación masiva na asemblea que terá lugar o vindeiro 27 de xuño.

Xuntanza de veterinarios porcinos / agavepor.blogspot.com

O Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo (Colvet) leva semanas cheo de tensión. Un grupo de colexiados, reunidos na plataforma Colvet Lugo Democrático, denuncian o uso “partidista e persoalista” que deste órgano fai a súa presidenta, Ana María López Pombo.

Unha guerra que pode ter o seu desenlace o vindeiro 27 de xuño. Ese día, está cada unha asemblea ordinaria que comezará ás dúas e media da tarde dun día laborable, “un feito sen precedentes na historia do colexio”, di este colectivo critico que denuncia que “con esta manobra preténdese dificultar a asistencia e participación dos Colexiados”.

Membros de Colvet Lugo Democrático, un colectivo de veterinarios críticos coa presidenta, Ana María López Pombo / FB

A gran maioría deles traballan dispersos por toda a provincia. “Co día e hora establecida, dificúltase a asistencia dos veterinarios que traballan na Mariña, Zona Sur, Montaña, etc. engaden e lembran que os funcionarios e contratados da administración rematarán a esa hora e a outros, con fillos, “torpedéase a conciliación familiar”.

LONGO CONFLICTO

 

A xestión da presidenta, Ana López Pombo, está a ser moi criticada pola súa falta de independencia política e falta de democracia transparencia. En xuño do ano pasado, despois de que Ana López Pombo enviase desde o Colexio a todos os colexiados unha carta con membrete do PP, partido do que é edil no Concello de Lugo, celebrouse unha Asemblea Ordinaria. Nesta asemblea xerouse unha gran polémica tras denegar quendas de palabra e negarse a contestar diversas preguntas que se lle expuxeron.

 

A xestión da presidenta, Ana López Pombo, está a ser moi criticada pola súa falta de independencia política e falta de democracia transparencia. En xuño do ano pasado, despois de que Ana López Pombo enviase desde o Colexio a todos os colexiados unha carta con membrete do PP, partido do que é edil no Concello de Lugo, celebrouse unha Asemblea Ordinaria. Nesta asemblea xerouse unha gran polémica tras denegar quendas de palabra e negarse a contestar diversas preguntas que se lle expuxeron.

Na seguinte asemblea (Decembro de 2017), cunha gran asistencia de veterinarios, os colexiados non aprobaron a acta da asemblea anterior por non recoller todas as irregularidades que se produciron e tampouco aprobaron os orzamentos presentados pola presidenta para o 2018, polo que o colexio debe funcionar cuns orzamentos prorrogados.

Ana María López Pombo, presidenta do Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo (Colvel) e edil do PP na cidade das murallas / twitter

INCOMPATIBILIDADES POLÍTICAS

Estes problemas provocaron a dimisión de tres membros da Xunta de Goberno. En xaneiro celebráronse eleccións parciais nas que resultaron elixidos por ampla maioría o tres membros da candidatura Colvet Lugo Democratico, que se opón a Ana López Pombo, e preconiza a celebración de eleccións e a incompatibilidade entre postos políticos e cargos directivos no Colexio.

Ante esta situación, os colexiados presentaron firmas en número suficiente para que se convoque unha votación para debater unha moción de censura e cesar a Ana López Pombo. A presidenta negouse a convocar a votación ao considerar que as firmas dos veterinarios debían estar lexitimadas notarialmente, requisito que non está contemplado nos estatutos. Os solicitantes da moción presentaron un recurso ante o Consello Galego de Colexios Veterinarios (órgano de rango superior aos colexios provinciais, que dirixe á profesión a nivel autonómico) que fallou a favor da convocatoria da moción.

“Ana Pombo resístese a permitir a votación, que consideramos tería claramente un resultado adverso á súa continuidade”, apuntan os seus críticos que acusan á Presidenta de utilizar os medios do Colexio para defender os seus propios intereses, “difundindo comunicados a todos os colexiados na súa defensa, e negándose a transmitir a opinión do resto da Xunta de Goberno”. Este é parte do seu chamamento:


“FALTA DE RESPECTO”

“Isto é unha falta de respecto absoluto aos colexiados, e só se pretende dificultar a asistencia coa esperanza de que así a polémica sexa menor, e se aproben as contas que Ana López Pombo presentará”, engaden.

Por iso, Colvet Lugo Democrático fai un chamamento aos colexiados para que asistan, participen e voten na Asemblea, “aínda que isto suporá un elevado custo profesional e persoal para os veterinarios, que terán que abandonar as súas obrigacións profesionais e familiares”.

4 COMENTARIOS

  1. ganas de marear a perdiz, entre máis de mil profesionais, está calra que a hora non vai gustar a todos; mási estos deberían de explicar o porque cando se votou a proposta ata os deles non a apoiaron. Resulta curioso, non si?

  2. Laxe como non granalla dalle igual a hora. Os demáis andamos arrastrados e non explotamos aos compañeiros. Estaba claro que a hora non ia gustar a todos, máis foi por votación democrática e hai que aceptala

  3. eu penso que o mesmo tiñan que poñer unha hora para cada un, a que mellor lle serva a cada un dos 1400 profesionais, así todo democrático. Desde logo esta xente non sabe o que é a democracia, vótase, e sae o que é maioría; os demáis a aceptar. Pero claro, ten que ser o que diga o señorito, como él NON TRABALLA, QUE EXPLOTA ÓS COMPAÑEIROS, manda carafio

  4. Buenos dias.
    No se puede acusar gratuitamente a nadie, primero hay wue tener pruebas y luego demostrarlo, señor Andres.
    Las cosas personales, tienen algo que ver con el horario de la asamblea?
    Acaso tiene algo que ver el Mcdonalds con lo que pasa en el colegio de veterinarios?.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here