InicioLugo e contornaLugoC's leva ao Congreso a cuestión do reforzo policial en Lugo

C’s leva ao Congreso a cuestión do reforzo policial en Lugo

Marta Rivera considera que os recursos actuais son insuficientes. Parte do persoal ampliado está conformado por axentes de praćticas, "o que reduce significativamente a eficacia"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada de Ciudadanos, Marta Rivera, presentou no Congreso varias preguntas parlamentarias sobre os reforzos policiais previstos para a época estival en Lugo.

Segundo a formación laranxa, nesta época vólvese máis patente a falta de recursos policiais naqueles puntos nos que se produce unha especial afluencia de turistas, e por conseguinte, de poboación flotante. Ademais, denuncian que parte do reforzo destes persoais realízase con axentes en período de prácticas, “o que reduce significativamente a eficacia do servizo”.

A lucense Marta Rivera quere coñecer, en concreto, cantos efectivos máis haberá en Lugo ou se o Ministerio de Interior terá en conta o período de vacacións dos axentes á hora de contemplar o número de reforzos. Así mesmo, solicita detalles sobre a cifra de axentes de prácticas entre o total de novos efectivos.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...