O risco de contraer enfermidades a través das carrachas é “elevado” no noroeste de España

Un traballo de investigación desenvolvido na Facultade de Veterinaria, en Lugo, é un dos máis completos sobre a materia

Ixodes Ricinus, a carracha común, responsable do síndrome de alfa-gal | Andy Murray - https://www.flickr.com/people/89396233@N00
Ixodes Ricinus, a carracha común.

A probabilidade de que as persoas adquiran certas enfermidades transmitidas por carrachas, especialmente no caso da borreliosis rickettsiosis, é “elevada” no noroeste de España. Así o conclúe unha tese de doutoramento que vén de ser presentada na Facultade de Veterinaria, en Lugo.

A autora do traballo é Susana Remesar Alonso, do grupo de Investigación Sanidade Animal Galicia (Invesaga) da USC, e a tese estivo dirixida polos profesores Patrocinio Morrondo Pelayo, Pablo Díez Fernández e Gonzalo Fernández Rodríguez. En base aos resultados da investigación, advirten da “necesidade” de aumentar a concienciación da poboación respecto dos riscos que poden supoñer para a saúde humana as picaduras de carrachas.

Trátase dun dos estudos máis amplos na materia e no marco do cal se recolleron ata 7.000 carrachas para sometelas a procedementos técnicos de bioloxía molecular.  Segundo quedou probado, a especie de carracha máis habitual é a Ixodes ricinus. Nela detectáronse os cinco tipos de patóxenos sobre os que se traballaba e concluíuse unha relación inversamente proporcional entre esta carracha e o aumento da humidade relativa máxima media. Tamén inflúen na súa presenza variables como a temperatura ou o fotoperíodo. Todo iso permite predicir en que épocas do ano haberá maior número de carrachas na vexetación e, polo tanto, maior risco de exposición e transmisión dos patóxenos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here