InicioSociedadeAs "deficiencias" nos edificios escolares do extrarradio de Lugo, no punto de...

As “deficiencias” nos edificios escolares do extrarradio de Lugo, no punto de mira de C’s

Olga Louzao reclamou tamén a execución dos Vieiros Escolares Seguros, con medidas que "foron aprobadas no 2016" pero que aínda non se levaron a cabo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal de Ciudadanos pon o foco de atención na “urxencia” de acometer actuacións de mellora nas escolas da cidade antes de que comece o curso. “Os que presentan maiores deficiencias son os colexios do extrarradio”, lamentan.

Os dous concelleiros da formación, Olga Louzao e Juan Vidal-Pardo, realizaron esta mañá un percorrido polos centros educativos de Lugo. “Son necesarias obras de mantemento e mellora na inmensa maioría deles”, asegurou Olga Louzao, que exemplificou esta problemática facendo referencia ao colexio das Gándaras. Alí, “os pais e nais mesmo colocaron unha pancarta esixindo melloras no patio onde xogan os seus nenos e nenas, que non ten nin canastras, ao levaren meses rotas”.

Aínda así, C’s tamén sinalou o caso da Anexa, onde persisten problemas de accesibilidade e de anegamento. “Trátase de obras sinxelas que o Concello non foi quen de executar nos últimos anos“, denunciou Olga Louzao.

VIEIROS ESCOLARES SEGUROS

Ciudadanos reclama tamén ao novo concelleiro de Educación do Goberno municipal, Felipe Rivas, aposta en marcha dos Vieiros Escolares Seguros. É unha medida, din, para fomentar que as crianzas poidan ir camiñando á clase sen perigo. Piden, por exemplo, prolongar as beirarrúas na contorna do colexio de Albeiros e instalalas no das Gándaras. Son “actuación aprobadas no ano 2016 e que aínda non foron executadas”, en palabras de Louzao.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...