InicioSociedadeUn veciño de Portomarín recibe unha distinción polo seu labor no Sáhara

Un veciño de Portomarín recibe unha distinción polo seu labor no Sáhara

Eladio Fernández Rigueira desenvolveu alí o servizo militar, período no que viviu de preto a Marcha Verde

PUBLICADA O

- Advertisement -

Eladio Fernández Rigueira, veciño de Portomarín, foi homenaxeado hoxe pola súa condición de veterano do Sáhara. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o subdelegado de Defensa, o coronel Carlos Boada, entregáronlle a medalla do Sáhara e o diploma acreditativo desta distinción.

Eladio Fernández, de 67 anos, viu recoñecida así a súa permanencia no que daquela era territorio español. Alí estivo entre o 16 de xaneiro de 1974 e o 15 de abril de 1975, período no que desenvolveu o servizo militar. Así pois, Fernández puido vivir de moi preto a Marcha Verde (ocupación desta zona por Marrocos).

A Subdelegación do Goberno lembra que esta distinción, creada en 1977, agradece os servizos realizados polos membros dos Exércitos de Terra, Mar e Aire, as Forzas da Orde e o persoal civil nas accións militares levadas a cabo antes do término da ocupación española.

No acto estiveron presentes numerosos familiares de Eladio Fernández, ademais de membros da ONCE e de Cogami, entidades ás que pertence o homenaxeado, que é invidente.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...