InicioSociedadeUnha volta a Lugo polo aire

Unha volta a Lugo polo aire

O Criterium Aeronáutico 2019 celebrarase os vindeiros 25, 26, 27 e 28 de xullo no aeródromo de Rozas, da man da Deputación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Saltos en paracaídas, exhibicións acrobáticas, sorteos de voos de balde… Estas son algunhas das actividades das que se poderá desfrutar a finais deste mes no aeródromo de Rozas. Será grazas á celebración do XIV Criterium Aeronáutico 2019 e da XXXVI Volta Aérea en Galicia, previstas para os días 25, 26, 27 e 28 de xullo.

A Deputación de Lugo, que apoia este evento deportivo con 10.000 euros, estivo presente na súa presentación. Como representante do ente provincial, asistiu o deputado de deportes en funcións, Pablo Rivera Capón, que destacou a importancia desta cita en tres vertentes:  “unha proba puntuable para os deportistas aeronáuticos, obxectivo divulgativo, e a dinamización da contorna, pois cada ano achéganse preto de 5.000 persoas ao Aeródromo de Rozas atraídas polo único Criterium que se celebra en todo o Noroeste peninsular”.

Rivera explicou que nesta ocasión participará a Patrulla Águila para “deleitar” o público coas súas acrobacias. “É todo un privilexio”, dixo en alusión a este grupo creado en 1985 que xa ten dado exhibicións por todo o mundo.

AS ACTIVIDADES 

Ademais, é unha oportunidade para resaltar as da provincia dende as alturas. E é que durante os catro días que dura o Criterium celebraranse saltos en paracaídas, bautismos de voo, exhibicións acrobáticas, apagalumes, simuladores, exposicións e sorteos para voos de balde. Pola súa banda, a Volta a Galicia constará de dúas etapas. Na primeira, o venres, os participantes partirán de Rozas rumbo sur e leste; mentres que o sábado se dirixirán cara ao norte e o oeste.

No acto tamén estiveron presentes a concelleira de Lugo Ana González Abelleira; o alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado Teijeiro; e o secretario xeral do Real Aeroclube de Lugo, Marco Antonio López Queiroz.

Lugo, 4 de xullo de 2019

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...