InicioSociedadeArroxo anuncia o comezo inmediato das obras na rúa Frei Plácido Rei...

Arroxo anuncia o comezo inmediato das obras na rúa Frei Plácido Rei Lemos

As actuacións de mellora desta vía xa se iniciaran de maneira urxente durante o último San Froilán, pero permanecían inacabadas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo (BNG), anunciou o inmediato inicio das obras na rúa Frei Plácido Rei Lemos, unhas actuacións de mellora que se puxeron en marcha de maneira urxente durante o último San Froilán, xa que afectaban ás casetas do polbo e aos negocios e vivendas da zona.

O líder dos nacionalistas de Lugo garantiu que tentarán dar unha solución rápida a unhas intervencións que xa levan tempo paralizadas. Consideran que é “un asunto que moitas persoas levan reclamando dende hai case un ano” e, por este motivo, o inicio destas obras pasa por ser unha das primeiras cuestións que apuraron na súa estrea no Concello.

Arroxo denuncia que “unha multitude de montóns de terra e varandas de plástico ocupan a beirarrúa” desta vía, que baixa dende o parque de Rosalía de Castro ata a rúa Santiago, bordeando o edificio da Fundación TIC. “Cando en outubro do 2018 se producira o rebentón, solucionouse cun by-pass para asegurar o subministro de auga naquel momento”, explica o tenente de alcalde, pero “a día de hoxe as obras continuaban sen rematar”.

Na intervención de Arroxo  -que estivo acompañado polo edil responsable de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas-, expresouse o compromiso de iniciar tales actuacións de mellora “en menos de sete días”. Ademais, ambos concelleiros agradeceron a colaboración e “as facilidades” do persoal da área para “axilizar” este proceso que pretende “evitar as importantes molestias” para os veciños e “mellorar a imaxe” da zona.

XESTO COA FILLA DE CARVALHO CALERO, HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS 2020

Noutra orde de cousas, a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, aproveitou a súa incorporación para felicitar a filla de Carvalho Calero -Margarida Carvalho Calero- polo recente recoñecemento do seu pai como figura homenaxeada nas Letras Galegas 2020. No escrito, Ferreiro salientou a relación do escritor e da súa filla coa cidade de Lugo.

ÚLTIMAS

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...

Rexeitamento da Deputación de Lugo á instalación da planta Altri en Palas

A Deputación de Lugo manifestou a súa oposición á planta de Altri no municipio...