InicioSociedadeInícianse as obras na cuberta e na fachada posterior do IES Xoán...

Inícianse as obras na cuberta e na fachada posterior do IES Xoán Montes

A Consellería de Educación investiu 283.000 euros para estas actuacións, cuxo prazo de execución é de tres meses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As obras de mellora do Instituto de Educación Secundaria Xoán Montes, na rúa Montevideo, puxéronse en marcha este martes 2 de xullo. A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional destinou 283.000 euros para acometer tales actuacións.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asistiu hoxe á sinatura da acta de replanteo -documento que pon inicio á execución da obra-. Balseiro sinalou que as obras poderán ser efectuadas durante os vindeiros tres meses, aínda que a maior parte  dos traballos estarán ifnalizados antes do comezo do curso escolar para non interferir así na actividade lectiva.

As reformas centraranse en arranxar as filtracións na cuberta do edificio, para o que se vai colocar nova lousa sobre un panel de madeira con illante intermedio e impermeabilizante. Ademais, tamén se reparará a fachada posterior do centro para reparar varias gretas. Á súa vez, reforzarase a ventilación do andar de entrada e do soto; aproveitarase para pintar, revisar as carpinterías e limpar e rehabilitar a escaleira de caracol, un dos elementos máis singulares desta parte do edificio.

A Consellería de Educación lembra que o IES Xoán Montes é unha das mostras de arquitectura moderna máis destacables de Galicia. De estilo racionalista e obra de Eloy Maquieira, foi concibido inicialmente como Escola de Traballo no 1935 e construído na posguerra con algúns cambios sobre a idea orixinal. Entre esas modificacións inclúese a cuberta, que nun principio ía ser plana e estar revestida dunha zona vexetal para que o alumnado puidese plantar cultivos nela.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...