InicioSociedadeMáis de 1.700 sinaturas para que a Xunta e o Concello sexan...

Máis de 1.700 sinaturas para que a Xunta e o Concello sexan acusación particular no caso ‘Carioca’

"Máis de 200 mulleres" vítimas de trata con fins de explotación sexual en Lugo "seguen sen atopar xustiza", denuncian dende a Plataforma contra a Impunidade desta operación

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma Cidadá contra a Impunidade da Carioca presentou máis de 1.700 firmas no rexistro da Xunta en Lugo para que tanto o Goberno galego como o Concello asuman a acusación particular nesta causa. Agárdanse sumar máis rúbricas, posto que aínda se seguen recollendo apoios “a día de hoxe”, segundo informou Mónica González, portavoz do colectivo.

Esta investigación sobre redes de prostitución e as súas conexións coas forzas e corpos de seguridade do Estado viu arquivadas varias pezas nas que se dividiu. Agora, o colectivo denuncia que “máis de 200 mulleres” vítimas de trata con fins de explotación sexual en Lugo “seguen sen atopar xustiza“. Lamentan a desatención a pesar de tratarse dunha das “formas máis terribles de violencia machista”.

PETICIÓN NUN MOMENTO “CHAVE”

González considera “clave” facer esta petición xusto agora debido á “inacción da Fiscalía”, que “demostrou que, no canto de estar a defender as vítimas de trata con fins de explotación sexual, están a xustificar actividades ilícitas por parte dos imputados”. “Tanto a Xunta como o Concello, como administracións, teñen a responsabilidade de asegurar que se faga xustiza para as mulleres”, afirma.

A este respecto, lembra que a lei galega contra a violencia machista recoñece a trata con fins de explotación sexual e tamén “a capacidade da Xunta para personarse como acusación popular para que obteñan castigo os proxenetas imputados”. Por tanto, pide á administración que garanta o funcionamento da xustiza. “Reclamamos unha maior implicación por parte da Xunta, que ademais ten capacidade para personarse como tal como o Concello, máis que nada porque no Concello de Lugo foi onde tivo lugar este caso”.

A Operación ‘Carioca’ leva máis de dez anos aberta. Neste caso permanecen imputados o propietario dos locais Eros e Queen, José Manuel García Adán, e axentes da Garda Civil, da Policía Nacional e da Policía Local de Lugo.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...