InicioSociedadePiden que se repare o Leiraparqking do HULA porque é un "perigo"...

Piden que se repare o Leiraparqking do HULA porque é un “perigo” polas súas fochancas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A organización de consumidores Facua Galicia dirixiuse ao Concello de Lugo para denunciar “o estado no que se atopa” o coñecido como ‘Leiraparking’, o aparcadoiro público que puxo en marcha hai case un ano a entidade local, dado que o seu estado converteuse “nun perigo” tanto “para as persoas como para os vehículos”.

Esta organización esixe que o Concello de Lugo “proceda a bachear e a arranxar a gran cantidade de fochas que existen no referido aparcadoiro do Hospital Universitario de Lugo (HULA)”, inaugurado a finais de outubro do pasado ano.

“Son un perigo tanto para as persoas como para os vehículos. Pídese que se lle dea un tratamento definitivo que evite que ante as choivas e demais inclemencias meteorolóxicas, moi usuais en Lugo, o aparcadoiro se converta nunha sorte de pista trampa”.

Un lugar no que “podes danar o vehículo ou aos mesmos ocupantes, co que iso leva en orde ás responsabilidades en que poida incorrer o consistorio”, conclúe.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...