InicioLugo e contornaVeciños piden ao Concello de Lugo que derrube "de forma inmediata" as...

Veciños piden ao Concello de Lugo que derrube “de forma inmediata” as torres do Garañón

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación en Defensa das Costas do Parque Rosalía de Castro, Marcos Bourio, anunciou que pedirá ao goberno bipartito da cidade de Lugo, de PSOE e BNG, que derrube de forma “inmediata” as torres do Garañón.

Estes edificios atópanse a medio construír e paralizados pola xustiza, ao ser obxecto dunha investigación pola xuíza do número un de Lugo, Pilar de Lara, na que mantén investigados, entre outros, o ex-alcalde, Xosé López Orozco, e o que foi secretario xeral do PSdeG e ex-concelleiro de urbanismo na cidade, José Ramón Gómez Besteiro.

Bourio emprazou o novo goberno a que “se tomen medidas para retomar o expediente de reposición da legalidade, que está caducado”. Para iso, vai presentar un escrito en próximos días para “advertir desta situación e que dunha vez por todas se cumpran as sentenzas e se derrube O Garañón”.

O activista veciñal asegurou que “hai que esperar estes días para ver que intencións ten a corporación e, a partir de aí, continuar as accións no expediente de reposición da legalidade e derrubar o edificio”. “Non sei se a intención desta corporación é actuar de inmediato ou teremos que seguir insistindo nós, esperemos que non sexa así”, agregou.

Bourio sostén que “unha vez se autorice a súa demolición é fácil e non moi complexo”, pois “non se tardará máis de tres meses en desescombrar todo” neste lugar aos pés das costas do parque Rosalía de Castro.

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Un mozo que violou a unha menor dúas veces nun hotel de Lugo evita o cárcere tras un acordo

Un mozo de Lugo logrou evitar o cárcere tras aceptar unha condena de dous...

Acordo entre Xunta e Concello de Lugo para reformar xa a rúa Serra de Meira con 937.000 euros

O Goberno galego e o Concello de Lugo desbloquearon a reforma da rúa Serra...

O Concello amosa a súa “preocupación” ante o “atraso” na autovía Nadela-Sarria

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, expresou este martes a súa "profunda preocupación" polo novo...