InicioLugo e contornaA Xunta insiste ao Goberno central que "rectifique" e conceda "de inmediato"...

A Xunta insiste ao Goberno central que “rectifique” e conceda “de inmediato” un xulgado do social a Lugo

O PP considera que foi unha decisión "unilateral" do Executivo central a de non crear este xulgado, "en contra do criterio de todos os axentes implicados".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia reclamará ao Ministerio de Xustiza que, “de forma inmediata”, “rectifique” a proposta de creación de novos xulgados para Galicia en 2019 incluíndo un novo Xulgado do Social para a cidade de Lugo.

Así se desprende tras o debate deste martes no pleno do Parlamento galego, onde o Partido Popular presentou unha proposición non de lei para solicitar o xulgado.

Neste sentido, a deputada do PP Paula Prado lamentou a decisión “unilateral” do Executivo central de non crear este xulgado “en contra do criterio de todos os axentes implicados”.

Para a deputada nacionalista Olalla Rodil, é “inadmisible” que Lugo quede sen Xulgado do Social, polo que tachou de “parche” os anuncios de novos postos nos tribunais lucenses realizados polo Goberno de Pedro Sánchez.

Neste sentido, subliñou que o BNG apoiará este mércores a iniciativa do PP, aínda que sinalou que hai que “ir máis aló”, xa que “Lugo tamén necesita un xulgado específico de Violencia Machista”.

Tamén o PSdeG mostrou a súa predisposición a votar a favor da proposición non de lei xa que, segundo a deputada socialista Patricia Vilán, “non é a primeira vez” que se debate no Parlamento porque “xa foi pedida polo PSOE hai anos”.

“Xa foi aprobada na comisión mixta en 2017 por unanimidade”, destacou Vilán, quen reprochou ao PP que cando o presidente do Goberno era Mariano Rajoy non solicitaban “nada de nada”.

Na mesma liña referiuse o representante de En Marea Luís Villares, quen ironizou con que antes da moción de censura de Rajoy “xa había peticións” doutros grupos. Ambos os discursos foron criticados, á súa vez, por Paula Prado.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...