Coalición Galega reaparece para as municipais en Sarria

"Pareceume que son unhas siglas que terían tirón en Sarria, por iso eliximos estas siglas, as dun partido centrista e que poida abarcar a moita cidadanía", di o candidato Manuel Sangil.

Votación en urna durante as Eleccións Municipais / EFE

O exconcelleiro do PP en Sarria e expresidente de Novas Xeracións nesa comarca, Manuel Sangil, recuperou a marca de Coalición Galega para concorrer ás municipais neste municipio, despois de máis de 20 anos militando no Partido Popular (desde 1999).

Sangil precisou que estivo a barallar “varias siglas”, como Galiciasempre que apadriña o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, pero foi Coalición Galega “a máis adecuada, ademais pola historia que tivo en Sarria onde gobernou durante varias etapas“, explicou.

“Pareceume que son unhas siglas que terían tirón en Sarria, por iso eliximos estas siglas, as dun partido centrista e que poida abarcar a moita cidadanía”, sentenciou. Sangil foi concelleiro durante tres lexislaturas, chegando a ser a man dereita do portavoz popular e exalcalde José Antonio García, co que está agora abertamente enfrontado. O aspirante á alcaldía de Sarria por Coalición Galega acusou ao Partido Popular, “a nivel xeral” de que “arrimarse demasiado ás liñas moi de dereitas.

Ademais, Sangil censurou ao líder dos populares, Pablo Casado, do que asegura que “defende posturas que non son as que levaba o PP”. “Eu acórdome da liña galeguista que levou Fraga. Paréceme que o PP está a perder o seu espazo político de centro e creo que lle vai a repercutir electoralmente nas próximas xerais”, concluíu

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here