InicioSen categorizarManuel Martínez presenta á candidata para a alcaldía de Lugo polo seu...

Manuel Martínez presenta á candidata para a alcaldía de Lugo polo seu partido Galicia Sempre

Segundo Martínez, Galicia Sempre presentará listas en Lugo, Becerreá, Sarria e Meira; e non descarta contar con candidatura en municipios como Guitiriz e Burela.

PUBLICADA O

O alcalde de Becerreá, deputado provincial non adscrito e presidente de Suplusa, Manuel Martínez, presentou hoxe á cabeza de lista do seu partido, Galicia Sempre, á Alcaldía de Lugo, a profesora de filosofía Carmen González, exerce no Lucus Agusti, unha lucense de 58 anos que fai a súa primeira incursión no mundo da política.
En declaracións aos medios de comunicación, Martínez aclarou que se buscaron para esa candidatura, que será presentada ao completo a próxima semana, “persoas independentes, que non dependesen de ninguén, que tivesen unha profesión”. Ese é o perfil, aclarou, da “lista completa de Galicia Sempre”, porque está formada por persoas que “non son ninis, teñen unha profesión, ten un soldo e iso dálles independencia”.
Segundo Martínez, a persoa que estaba detrás deste proxecto, “desapareceu”, pero os que quedaron á fronte desta nova opción política tiraron “de orgullo”, seguiron “ adiante con esta aventura” e agora espera que “esta proposta sexa ben recibida polos cidadáns”. De feito, lembrou que “outras persoas que estaban na lista, por presións ou por coaccións, decidiron abandonala”, o que lle dá máis mérito a Carmen González, “que aguantou”.
Segundo Martínez, Galicia Sempre presentará listas en Lugo, Becerreá, Sarria e Meira; e non descarta contar con candidatura en municipios como Guitiriz e Burela. Matizou, iso si, que “persoas que ían ir con Galicia Sempre foron fichadas por outras candidaturas”. Pola súa banda, Carmen González precisou que ata agora nunca participara “ en política”, pero sempre foi “moi crítica coa administración dos recursos de todos” e coa “crispación” que ese está “a vivir” no panorama político, tanto no ámbito local como nacional. “Manolo solicitoumo. Eu estou moi a gusto con el e imos tirar para adiante”, concluíu.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...