Sergi Vidal renova co Cafés Candelas Breogán

O xogador de Badalona rematara o contrato o 31 de decembro e promedia 7.6 puntos, 3.6 rebotes e 2.9 asistencias

Sergi Vidal. Foto de acb.com

O aleiro Sergi Vidal renovou co Cafés Candelas Breogán, segundo comunicou oficialmente o club lucense. O xogador de Badalona rematara o contrato o 31 de decembro.

Vidal foi decisivo en cada unha das cinco vitorias do Breogán nesta Liga Endesa, as tres últimas de xeito consecutivo, como por exemplo o pasado domingo en Fuenlabrada con 22 puntos, 9 deles na segunda prórroga.

O ex aleiro de Baskonia, Real Madrid e Unicaja, entre outros equipos, promedia 7.6 puntos, 3.6 rebotes e 2.9 asistencias.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here