InicioCulturaUnha fin de semana para conmemorar cen anos da Asemblea Nacionalista de...

Unha fin de semana para conmemorar cen anos da Asemblea Nacionalista de Lugo

A cidade acolle entre sábado e domingo as homenaxes polo centenario da Asemblea Nacionalista de Lugo, punto de partida do nacionalismo organizado

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cidade homenaxea esta fin de semana o centenario da Asemblea Nacionalista de Lugo, a xuntanza na que as Irmandades da Fala deron o paso cara un movemento de carácter nacional organizado, xermolo do Estatuto de 1936 e do actual ordenamento político en Galicia.

Os eventos comezan na noite deste sábado 17 de novembro, coincidindo coa primeira xornada da Asemblea Nacionalista de Lugo. Ás 21.30 iniciarase no Hotel Méndez Núñez, na rúa Raíña, a Festa Dandi, novena edición do concerto no que se premiará a aquelas persoas mellor ataviadas co estilo dos anos vinte.

Xa no domingo 18, o encontro-asemblea de Vía Galega no salón de actos do IES Lucus Augusti, dende as 10.45. Esta plataforma social defende os dereitos de Galicia como nación, estando composta por persoas a título individual e diversas organizacións. O acto estará conducido por Xurxo Souto; haberá actuacións musicais, destacando a Coral de Cantigas e Flores, e participarán personalidades da sociedade civil galega de distintos eidos.

A conmemoración da Asemblea Nacionalista de Lugo seguirá ás 13.00 horas do domingo coa ofrenda floral unitaria diante do Hotel Méndez Núñez, coa colaboración de Vía Galega e Convocatoria Faraldo.

Contra as 13.30 iniciarase o paseo pola muralla, entre Campo Castelo e a Catedral, coa lectura de textos das Irmandades da Fala por parte de varias entidades culturais. Comparecerán Adolfo de Abel Vilela, presidente de Lugo Patrimonio, Tonina Gay, presidenta do Clube Cultural Valle Inclán, María Casar, presidenta da Agrupación Cultural Ergueitos (Sarria), Marisa Barreiro, presidenta do Instituto de Estudos Chairegos (Vilalba), e Mónica Lago, da Asociación Cultural Xermolos (Guitiriz).

Ás 14.30 terá lugar o xantar de irmandade organizado por Lar da Cultura do País, cun prezo para quen desexe asistir de dez euros. E para rematar a homenaxe á Asemblea Nacionalista de Lugo, a partir das 17.00 horas comeza A lus da estrela que brila ó lexos, función en honor do manifesto que asinaron os participantes daquel encontro de 1918.

Cen anos da Asemblea Nacionalista de Lugo a través de Justo Beramendi

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, aos seus 28 anos, perfílase para substituír a María José Gómez na alcaldía de Guntín

Ángel Pérez, concelleiro de Deportes de Guntín, perfílase para substituír a María José Gómez...

O BNG denuncia a situación da sanidade pública na Fonsagrada: atención telemática a maiores e prazas sen cubrir

A deputada do BNG no Parlamento, Olalla Rodil, presentou unha serie de iniciativas para denunciar a situación...

Denunciados unha ducia de condutores en Lugo por alcoholemia positiva, un deles por cuadriplicar a taxa máxima

A Policía Local de Lugo denunciou este fin de semana a unha ducia de condutores que...

A circulación entre a rúa Armañá e a Praza de Santo Domingo estará cortada desde este martes

O Concello de Lugo informou de que, ante a necesidade de executar as canalizacións...