InicioDeportesO lucense Cristian Toro Carballo proclámase subcampión do mundo en K2 200

O lucense Cristian Toro Carballo proclámase subcampión do mundo en K2 200

Toro e Craviotto, actuais campións olímpicos, competirán tamén en K4 500, a súa prioridade, pois K2 200 xa non será distancia olímpica en 2020

PUBLICADA O

- Advertisement -

O palista lucense Cristian Toro Carballo proclamouse este mediodía subcampión mundial de K2 200 xunto ao seu homólogo Saúl Craviotto no campionato do mundo que se está a celebrar en Montemor-o-Velho (Portugal). Acadaron a medalla de prata, só superados polos húngaros Mark Balaska y Balazs Birkas, que chegaron á meta en 31.873 segundos, 26 décimas antes que o lucense e o catalán.

Toro e Craviotto son os actuais campións olímpicos da modalidade, que non será distancia olímpica en 2020. De feito, Cristian Toro e Saúl Craviotto competirán dende hoxe ás 17:11 (televisado por Teledeporte) na eliminatoria de K4 500 xunto ao galego Rodrigo Germade e o balear Marcus Walz.

 

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...