InicioLugo e contornaLugoLugo inicia a gran transformación dos seus estacionamentos públicos soterrados

Lugo inicia a gran transformación dos seus estacionamentos públicos soterrados

A concesión das instalacións sitas nas Prazas da Constitución, Ferrol e Santo Domingo, que data de 1986, manterase até o 26 de maio de 2036 en contraprestación á supresión de 171 prazas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou esta mañá que a transformación dos estacionamentos públicos soterrados da cidade, o coñecido como 3×2, “dará comenzo de forma inmediata e progresiva, empezando polo da Praza de Ferrol. O obxectivo é adaptar o tamaño dos estacionamentos aos estándares urbanísticos actuais que recolle o PXOM, atendendo así a unha demanda social na que dende o executivo local levamos anos traballando”, asegurou.

A rexedora deu conta de que a Xunta de Goberno autorizou hoxe a modificación do contrato da concesión administrativa pola que se rexe a explotación dos parkings soterrados sitos nas prazas de santo Domingo, Ferrol e da Constitución. “Un cambio que fará posible o incremento das dimensións das prazas de aparcamento en cada unha destas instalacións, acondicionándoas coa solución técnica máis acaída para cada un dos recintos”, explicou Lara Méndez.

“Con esta medida o que pretendemos é facer dúas prazas no espazo de tres, de maneira que mellore a accesibilidade aos estacionamento e, polo tanto, a comodidade das persoas usuarias. Será un gran paso, ademais, para facilitar as compras no casco histórico e na súa contorna e dinamizar o sector comercial e hostaleiro”, afirmou a alcaldesa.

35 ANOS DA ADXUDICACIÓN

A rexedora lembrou que a adxudicación data do ano 1986. “É dicir, ten unha antigüidade superior ás dúas décadas nas que o parque móbil foi mudando e os vehículos utilitarios cambiando as súas dimensións o que confronta co modelo urbanístico da época e nos obriga a ponderar as condicións da concesión para adecualas á realidade actual”, sinalou.

Nestes momentos, as prazas dos tres aparcadoiros ascenden a 690, 241 en Santo Domingo, 205 na Constitución e 244 na Praza de Ferrol e, coa reorganización, Interparking calcula que se perderán 171, un terzo das mesmas (61 en Santo Domingo, 42 na Constitución e 68 en Ferrol), o que conlevará unha diminución do seu valor patrimonial.

“Isto nos permitirá coñecer os datos da totalidade dos aparcadoiros municipais, así como do número de prazas libres e facilitará información sobre como chegar ata elas directamente, evitando o tráfico ocioso e diminuíndo os niveis de contaminación, en consonancia co noso modelo de mobilidade sostible”, sostivo Lara Méndez.

ÚLTIMAS

Polémica por 300 hectáreas de monte veciñal no paraíso hippie de Negueira de Muñiz

É posible atopar restos de neve nos costados da sinuosa estrada que descende desde...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...